sexta-feira, 30 de setembro de 2011

Budiño presenta en Tui o seu quinto disco “Volta”


Será este venres 30 ás 21.30h Estará acompañado dunha banda “moi galega” segundo o artista
 Unha viaxe de ida e volta é a presenta o músico Xosé Manuel Budiño no seu traballo discográfico “Volta”. No mesmo inclúen os seus temas máis representativos xunto a outros novos coma “Volta” e “Tradi”. Todos van soar este venres, a partir das 21.30h, no Teatro Municipal de Tui no concerto que este músico galego ofrecerá en Tui.
 As entradas custan 5 e 3€ e pódense adquirir dende o luns 26 na web www.culturatui.info, ou o propio día do concerto no despacho de billetes.
Xosé Manuel Budiño
Data: Venres, 30 de setembro, ás 21.30h
Lugar: Teatro Municipal no edificio da Área Panorámica
Entradas: 5 e 3€
Á venda en www.culturatui.info ou o día do concerto dende ás 20h no despacho de billetes.  

Sem comentários:

Enviar um comentário