sexta-feira, 16 de setembro de 2011

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIA “FENG TUI”


Mañá venres, 16 de setembro de 2011, ás 20,00 horas terá lugar no Anexo da sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a inauguración da exposición “Feng Tui” que recolle unha escolma dos traballos realizados polos alumnos do curso de fotografía impartido polo fotógrafo Tony Vacas organizado pola asociación de veciños “Monte do Seo” de Areas.
Este curso tivo lugar na nosa cidade dende o mes de febreiro ata xuño e contou coa participación dun grupo de alumnos que agora participan nesta exposición cunha mostra do seu traballo. En concreto, son 14 fotógrafos que presentan un total de 27 fotografías centradas na zona de Tui e o seu entorno. Xunto a estas obras cada autor realizou un pequeno texto cunha reflexión sobre a cidade e a arte fotográfica.
Para o responsable do curso, o fotógrafo Tony Vacas, esta exposición recolle o resultado dun traballo intenso desenvolvido ao longo de cinco meses de aprendizaxe por parte dos alumnos e que agora queren compartir co público tudense.
Para a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, a celebración desta exposición enmarcase dentro dos obxectivos da Sala Municipal de Exposicións de ofertar ao longo do ano unha serie de mostras de diversas temáticas e técnicas abrindo este espazo expositivo ás actividades desenvolvidas polo movemento asociativo tudense. Esta mostra de fotografía, engade a concelleira tudense, achéganos ao talento e a capacidade técnica dos alumnos deste curso cunha escolma de imaxes que sorprenderá ao público que acuda a visitar esta exposición.
Esta exposición fotográfica “Feng Tui” estará aberta ao público no Anexo da Sala Municipal de Exposición (Edificio Área Panorámica – rúa Colón, 2) ata o vindeiro 15 de outubro, en horario de luns a venres de 09,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,30 h e os sábados de 09,00 a 13,00 horas.

Sem comentários:

Enviar um comentário