O grupo municipal de goberno que dirixe o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, ten comunicado os horarios de atención ao público de todos os membros do goberno municipal tudense. Esta información figura, dende hai xa varios días na páxina web do Concello (http://concellotui.org/php/departamentos.php). Esta medida é unha máis das accións que promove o alcalde tudense para achegar o goberno municipal aos veciños e para dotar da máxima transparencia a súa actividade. Neste sentido cabe sinalar que o propio alcalde aporta a novidade de recibir tamén ao público en horario de tarde, concretamente os mércores de 18,00 a 20,00 horas para facilitar así a comunicación cos cidadáns. De feito mañá mesmo comeza xa o funcionamento deste horario de tarde con varias citas xa concretadas.
Desta forma os horarios de atención ao público son os seguintes:
- Alcalde, Moisés Rodríguez Pérez. (Horario atención ó público: Luns a Venres, de 09:00 a 14:00 e os mércores de 18,00 a 20,00 h.)
- Conxunto Histórico e Rehabilitación, Deportes, Xuventude e Medios de Comunicación, Concelleiro responsable Don Nicolás Lorenzo Montes. (Horario atención ó público: Luns a Venres, de 09:00 a 11:00)
- Cultura e Educación, Concelleira responsable Dona Vanesa Rodríguez Pereira. (Horario atención ó público: Luns a Venres, de 10:30 a 13:30)
- Parques e Xardíns, Mercado e Praza de Abastos, Concelleira responsable Dona Dorinda Olga Montes Moldes.(Horario atención ó público: Luns a Venres, de 09:00 a 14:00)
- Facenda e Patrimonio Municipal, Concelleiro responsable Don Marcelino Enrique Cendón Vázquez. (Horario atención ó público: Luns a Venres, de 13:00 a 14:30)
- Limpeza e recollida de lixo, Cemiterio, Parque Móbil e Servizos Municipais, Concelleiro responsable Don Manuel González Vázquez. (Horario atención ó público: Luns a Venres, de 09:00 a 14:00)
- Seguridade Cidadá, Protección Civil, Tráfico e Medio Ambiente, Concelleiro responsable D. Ángel Gutiérrez González. (Horario atención ó público: Luns a Venres, de 12:00 a 14:00)
- Persoal, Alumeado Público, Formación e Emprego, Concelleiro responsable D. José Ángel Villaverde Rocha. (Horario atención ó público: Luns a Venres, de 09:00 a 14:00)
- Turismo, Comercio e Servizos Sociais, Concelleira responsable Dona Raquel Lorenzo Pimentel. (Horario atención ó público: Luns a Venres, de 17:00 a 19:00)
Sem comentários:
Enviar um comentário