O Concello de Tui, da man da súa concellería de Medio Ambiente, ofrece a todo o conxunto da poboación un servizo totalmente gratuíto de recollida de obxectos voluminosos, que serán levados ó Punto Limpo do municipio.
A recollida de voluminosos pretende ser unha solución para todos os cidadáns que queiran desprenderse daqueles obxectos danados e que xa non precisan, e que non poden trasladar nos seus vehículos ó Punto Limpo polo seu gran tamaño.
O servizo de recollida de voluminosos contempla todo tipo de obxectos de grandes dimensións. Dende a concellería explican que dentro dos útiles se exceptúan os pneumáticos ou as pilas.
Os interesados en utilizar este servizo poden chamar ó teléfono habilitado para o mesmo, o 637 57 71 61 e indicar na súa chamada cal é o obxecto ou obxectos que queren que sexan recollidos. No menor tempo posible, un empregado municipal achegarase no día e na hora acordados para retirar o moble ou electrodoméstico, de ser o caso.
Sem comentários:
Enviar um comentário