Trala suspensión por choiva dos encontros de tenis da pasada fin de semana, este domingo 18 celebraranse as finais do II Torneo de Tenis Eurocidade, que contou cunha participación de 170 tenistas, e que dende o pasado 25 de setembro ven disputándose nas pistas de tenis de Areas e da piscina municipal de Valença, organizado polo Club Tenis Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença.
A pista de tenis da piscina municipal de Valença albergará as finais dos cadros absoluto feminino ás 09.30 horas, junior masculino ás 11.00 horas e absoluto masculino ás 12.30 horas españolas, así como un torneo de minitenis para os máis cativos, sendo o acto final de entrega de trofeos a partir das 13.30 horas españolas.
Na pista de tenis de Areas tamén se disputará, ás 09.30 horas españolas, a final de consolación da categoría Junior Masculino.
Sem comentários:
Enviar um comentário