O Concello de Tui solicitou ó abeiro do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais da Deputación de Pontevedra a contratación de 30 traballadores desempregados.
O contrato durará os meses de novembro e decembro, e contará cunha xornada de 35 horas semanais. A oficina de emprego de Tui, unha vez concedida dita subvención, será a encargada de realizar a sondaxe dos candidatos para a selección do persoal.
Ofértanse 6 prazas para auxiliares de empregado administrativo co código 43.091029; 5 para albaneis oficiais de segunda co código 71.211015; un posto para un condutor de camión oficial de segunda co número 84.321042, e outras tres para un fontaneiro, 72.211012, mecánico 74.011034 e carpinteiro 71.311.049 oficiais de segunda. Haberá 8 postos para peóns varredores co código 94.431016 e 7 prazas para peóns de obras públicas, 96.011029.
As persoas que queiran concorrer ás prazas de traballo deben estar inscritas na oficina do INEM de Tui nos devanditos postos.
Sem comentários:
Enviar um comentário