O Concello de Tui subscribiu no mes de outubro, 7 convenios de colaboración cunha serie de empresas da comarca para a realización de prácticas non laborais en empresas. Deste xeito, 12 alumnos do curso de formación "Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas", poderán pór en práctica todos os coñecementos adquiridos de xeito teórico no curso, homologado e financiado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Benestar.
Con estes convenios, procúrase a posibilidade de consecución do certificado de profesionalidade da especialidade mencionada, á vez que os alumnos poderán mostrar os seus coñecementos e habilidades nas empresas do sector para posibles candidaturas de traballo.
Sem comentários:
Enviar um comentário