A estrea de teatro para bebés será este sábado 17 de outubro ás 17,30h e ás 19h
Esta fin de semana, dobre cita no Teatro Municipal de Tui, neste caso con teatro destinado especialmente para os bebés. Ás 17.30h terá lugar a primeira representación de Chíos, e ás 19h a segunda.
Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións. Chíos trata de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con cantigas, bailes ou xogos.
Venda de entradas o sábado 17 a 3€ e 2€ de 16:00h ata 17:30h para a 1ª función e de 17:30h a 19:00h para a 2ª representación no despacho de billetes do Teatro Municipal. Os que queiran mercalas antes poden facelo ó longo da semana na web www.culturatui.info. Unha vez iniciada a función non se permitirá o acceso ó Teatro.
Sem comentários:
Enviar um comentário