O contacontos poderase ver de balde o vindeiro martes 20 de outubro ás 20.30h na Sala Félix da Área Panorámica
A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle o vindeiro martes 20 de outubro, ás 20:30h. na Sala Félix Rodríguez, un espectáculo de contacontos para adultos a cargo de Olga Abad, titulado "Viaxe polas profundidades do tempo". A entrada é libre.
’Viaxe polas profundidades do Tempo’’ é un espectáculo para adultos no que se conta a historia de Monte Rabudo, un pobo galego cheo de fantasía e misterio. Xogando co tempo, iremos coñecendo ós habitantes deste singular lugar e todos os segredos das súas vidas.
Este espectáculo enmárcase dentro das actividades proxectadas para a celebración do Día da Biblioteca co que dende 1997 se rende homenaxe e recoñecemento ó labor que desempeñan as bibliotecas e os bibliotecarios dentro da sociedade.
Sem comentários:
Enviar um comentário