segunda-feira, 26 de outubro de 2015

Obradoiro de Banda Deseñada en Tui

Co gallo da celebración de Samaín e dentro das actividades proxectadas para a celebración do Día da ‪#‎Biblioteca‬, terá lugar na Sala Félix Rodríguez un ‪#‎Obradoiro‬ de Banda ‪#‎Deseñada‬ a cargo do ilustrador Xosé Tomás o venres 30 de outubro ás 17:30h.
Para participar na actividade é necesario terse inscrito previamente. Os interesados poderán formalizar as inscricións na biblioteca, por teléfono no 617 498 103 ou por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org
O obradoiro está dirixido a nenas e nenos a partir dos 8 anos de idade e tamén hai prazas para adultos. En total poderán participar 20 persoas.

Sem comentários:

Enviar um comentário