O obradoiro de banda deseñada terá lugar este venres 30 ás 17.30h
Co gallo da celebración do Samaín e dentro das actividades proxectadas para a celebración do Día da Biblioteca, terá lugar na Sala Félix Rodríguez un Obradoiro de Banda Deseñada totalmente de balde a cargo do ilustrador Xosé Tomás. A actividade iniciarase este venres 30 de outubro ás 17:30h e terá unha duración de dúas horas aproximadamente.
O obradoiro está dirixido a nenas e nenos a partir dos 8 anos de idade e tamén hai prazas para adultos. En total poderán participar arredor de 20 persoas.
Sem comentários:
Enviar um comentário