Onte martes día 20 de outubro inaugurouse a exposición “El arte de ensoñar” da artista viguesa Aida Pérez Fernández, que se poderá ver ata o 3 de novembro na Sala de Exposicións da Área Panorámica. A colección está composta por 44 cadros onde prima a imaxinación, espontaneidade e a creatividade da pintora, a través de 4 series de lenzos “El arte de ensoñar” e “Musas”.
Á presentación acudiron a concelleira de Cultura, María José González, a responsable da organización da exposición, Helena Rodríguez e a artista e autora da mesma Aida Pérez.
Aida Pérez explicou que todos os cadros foron pintados durante o 2014 e neste ano 2015. Indicou a artista que a selección “El arte de ensoñar” xorde da impronta e da imaxinación e mostra a relación harmónica entre cor e forma representando o seu mundo interior, utilizando unha linguaxe abstracta grazas a técnicas modernistas de vangarda. Pola contra, a colección “Musas”, é máis realista e amosa temáticas culturais, como o cine, a escultura ou a literatura a través de mulleres.
A través de cada cadro único e diferente, a autora amosa un rexistro das sensacións máis íntimas e persoais, baseándose nos soños. A colección de pinturas poderase ver en horario de 10h a 14h e de 17h a 20.30h na Sala de Exposicións da Área Panorámica.
Sem comentários:
Enviar um comentário