O martes día 20 de outubro, ás 19h, presentarase a exposición "El arte de ensoñar" da artista viguesa Aída Pérez Fernández. A colección poderase ver ata o 3 de novembro, na Sala de Exposicións da Área Panorámica.
Á presentación acudirán a concelleira de Cultura, María José González, a responsable da exposición, Helena Rodríguez e a artista e autora da mesma Aída Pérez.
Aída Pérez Fernández presenta unha colección que xira en torno ás Belas Artes e á ensoñación. A través da relación harmónica entre cor e forma logra representar o seu mundo interior, utilizando unha linguaxe abstracta grazas a técnicas modernistas de vangarda.
Presentación "El Arte de Ensoñar" de Aída Pérez Fernández
Día e hora: martes 20 de outubro, ás 19h
Lugar: Sala de Exposicións da Área Panorámica
Sem comentários:
Enviar um comentário