FUTSAL. A QUINTA DE TUI
Liga Galega Sur. Celado F.S - A Quinta de Tui
Quinta xornada da liga Galega Sur, na que o equipo tudense visitará Mos no pavillón Óscar Pereiro, este sábado 17 ás 19:30h.
O equipo tudense enfrontarase a un equipo recentemente ascendido que está situado na parte alta da táboa con un partido menos, iso di a saída complicada para o equipo tudense que quere recuperar os puntos que se perderon a semana pasada como locatarios.
Esta semana os tudenses contarán con todo a plantilla dispoñible.
Liga Provincial Xuvenil. Grupo Ganain CD Beade - A Quinta Amadeus de Tui
O sábado ás 10.30h. o equipo xuvenil A Quinta Amadeus e Tui desprázase a Beade para enfrontarse ao Grupo Ganain CD Beade no que será o primeiro partido de liga Provincial. Os rapaces tudenses van con todas as ganas para sacar os 3 puntos pola gran pre-temporada realizada ante unha das mellores canteiras de fútbol sala de Vigo.
Liga Local. Baíña F.S B. - A Quinta de Tui B
O sábado ás 16.30h. o equipo sénior b, A Quinta de Tui B, xogará o seu primeiro partido de liga na competición Local, desprazándose a Baiona para enfrontarse ao Baíña F.S B. Sección debutante do Club onde se une veteranía e xuventude.
A Quinta de Tui recorda que continua aberto o prazo de inscrición nas categorías base de Escola de Futsal para deportistas de 6 a 18 anos.
in Infominho
Sem comentários:
Enviar um comentário