A concellería de Cultura do Concello de Tui organiza mañá venres día 23, ás 21.30h. unha nova cita no Teatro Municipal con teatro dirixido especialmente para un público adulto.
D.E.P trátase dunha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Como din os expertos: "Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre". Isto é D.E.P. Unha comedia, claro.
D.E.P está protagonizada por coñecidos intérpretes coma Xosé García, Patricia Rodríguez e Xoque Carvajal. Está dirixida polo actor e director Marcos Orsi e dura arredor de 75 minutos.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres ás 13h ou o venres dende ás 20h ata as 21.30h no despacho de billetes ó prezo de 6 e 4,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário