A concellería de Cultura organiza unha nova cita no Teatro Municipal para este venres, 16 de outubro. Ás 20h, tanto pequenos coma adultos poderán ver O Último Dragón, de Sarabela Teatro.
A compañía porá en escena durante 50 minutos unha obra de xénero fantástico en galego. “Para que vou querer eu unha princesa?” Pregúntase o noso dragón. Á princesa Celia tampouco lle chista pasar á historia como a causante da extinción dos dragóns, e moito menos, ter que ser rescatada por un príncipe. Todos os que coñece son bastante parvos e, desde logo, moito menos hábiles ca ela coa espada.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres ás 13h ou o venres dende as 18.30h ata as 20h no despacho de billetes ao prezo de 2,5€- 3,5€. Unha vez comezada a obra, non se poderá acceder ó Teatro.
Sem comentários:
Enviar um comentário