Tras o seu paso por bandas como Vado Permanente, The Preachers ou Sugar Mountain chega o primeiro traballo en solitario de Gonzalo Arca. Con este traballo o artista galego sincérase co seu público e fai brillar a súa voz ata cegarnos os ollos.
Alone At The Crossroad (Dotbeat, 2014), preséntase como unha das revelacións do pasado ano 2015.
Un traballo que camiña entre o Rock, o Soul e o Country, cos sons clásicos americanos, pero cun aire Pop que o actualiza. Cancións sinceiras e honestas que transmiten por momentos certa nostalxia. Un cúmulo de emocións e sentimentos encontrados que huen en perfecta armonía a través dunha voz moi especial.
Producido por Iago Lorenzo en Vigo e masterizado por Denis Martin no seu estudio de Londres, Alone At The Crossroad é un disco elegante, maduro, directo e moi personal que non te deixará indiferente.
Sem comentários:
Enviar um comentário