sexta-feira, 7 de outubro de 2016

I Xornadas Técnicas de Fútbol Sala esta fin de semana no pavillón de Randufe

Esta fin de semana o Baixo Miño Randufe Futsal, en colaboración co Concello de Tui, a Comunidade de Montes de Randufe e o CEIP Randufe, organiza as primeiras xornadas técnicas de fútbol sala, no pavillón deportivo do CEIP de Randufe.
Estas xornadas, que teñen carácter gratuíto, están dirixidas a xogadores/as de categoría cadete e infantil de fútbol sala. Nas mesmas contarase con adestradores de alto nivel e traballarase distintos aspectos desta modalidade deportiva: técnicos, tácticos, psicolóxicos, etc.
O programa está dividido en dúas xornadas:
  • Venres 7
    • Ás 18.45 horas – Charla do colectivo arbitral da delegación de Vigo – Modificacións na normativa
    • Ás 19.00 horas – Técnica individual e xogo real – Pedro Holstein (adestrador nacional portugués)
  • Sábado 8
    • Ás 10.00 horas – Futsal en inglés: aprender xogando – Diego Rubianes (Academia Concorde de Vigo)
    • Ás 11.30 horas – Exercicios para a conservación do balón – Santiago Rodríguez (adestrador nivel III)
    • Ás 12.15 horas – Adestramento de dualidades – Alfonso Fernández (adestrador titulado)
Os interesados poden acadar máis información e inscribirse a través do Baixo Miño Randufe Futsal, no número de teléfono 777.393.182 ou do enderezo electrónico randufefs@gmail.com.

Sem comentários:

Enviar um comentário