Neste fin de semana no que se deron as celebracións do paso do ano 2017 ao 2018, a Policía Local de Tui tivo ás seguintes incidencias:
Día de fin de ano: non houbo altercados e as celebracións se desenvolveron sin incidencias. Non obstante, no día 31/12/2017, foron denunciados por alcoholemia 3 condutores con tasa administrativa ainda que todos no límite da tasa de delito, 0,60mg/l.
Día de ano novo: unha alcoholemia de tasa administrativa.
Detención dunha persoa, varón duns 40 anos, sospeitoso habitual de Tui, roubando no interior dun vehículo ao que accedeu forzando a porta. Nesta noite xa roubara en numerosos vehículos rompendo as lunas ou forzando as pechaduras. Posto a disposición Xudicial logo de ser entregado á Garda Civil de Tui.
in Infomiño
Sem comentários:
Enviar um comentário