O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá os máis de 218.000 euros destinados á asociacións de comerciantes e praceiros da comarca do Baixo Miño dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria ao longo de 2017 co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade.
As axudas destináronse a proxectos de expansión comercial, así como á mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas, na que se beneficiaron 4 establecementos no Salnés. Tamén se destinaron subvencións para a dinamización do comercio local a 2 prazas de abastos (A Guarda e Tomiño) para a consecución de mercados de excelencia, así como ao fomento da comercialización da artesanía galega.
Finalmente, varias prazas de abastos e CCA desta comarca tamén obtiveron 97.710 euros co obxectivo de crear espazos activos de emprendemento comercial (asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, asociación de Autónomos de Comercio, Hostelería e Industria de Tomiño, asociación de Empresarios de A Guarda CCA, e Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos Mercaguarda).
Todas estas axudas, que na provincia ascenden a máis de dous millóns de euros, tal e como explicou Cores Tourís, enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia que contempla 55 accións específicas ata 2020, e ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.
"De feito, trllaabacio máis próximo e segundo os datos que manexamos dende a administración autonómica e dende as asociacións de comerciantes, as ventamos de cara a seguir aumentando a confianza do consumidor no comers neste tipo de negocios locais na provincia de Pontevedra aumentou no último ano un 5%", matizou o delegado territorial, quen tamén engadiu que segundo o Centro de Investigación Sociolóxico a confianza dos consumidores medrou en dous puntos o pasado decembro, ata chegar ao 102,5%, o que supón o mellor dato dende setembro de 2005.
in Infominho
Sem comentários:
Enviar um comentário