Para a cidade de Tui, que ten na relación cos veciños portugueses o seu principal sinal de identidade, afondar na cooperación ou mesmo chegar a unha unión entre ambos países é un obxectivo esperanzador, pois significaría aproveitar sinerxías a prol do seu desenvolvemento. A nosa experiencia de cooperación transfronteiriza marca camiños desta estratexia, Galicia e o Minho teñen unha historia e unha cultura comúns que favorecen este achegamento dende posicións de igualdade e equilibrio. Tui e Valença do Minho conforman a fronteira europea más antiga e, sen embargo, podemos afirmar que ambas mantiveron sempre unha vida en común que superaba as fronteiras. A integración europea ten suposto afondar neste camiño compartido. A experiencia acumulada de colaboración entre valencianos e tudenses pode converterse nunha referencia se a unión política fose adiante.
António Rocha
in La Voz de Galicia
Sem comentários:
Enviar um comentário