quinta-feira, 12 de janeiro de 2012

CURSOS DE PREPARACIÓN PARA O CELGA 3 E CELGA 4 ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE TUI


O Centro de Formación do Concello de Tui, abre listaxe para persoas interesadas en realizar cursos de preparación para a obtención dos diplomas CELGA 3 e CELGA 4 de galego.
Os cursos están previstos en períodos de 2:30 horas diarias, durante 30 días continuados, en horario de mañá (10:30 a 13:00) ou tarde (19:00 a 21:30), segundo sexa o interese dos grupos. Desenvolveranse entre o 19 de marzo e 4 de maio.
Para máis información e inscricións, os interesados deben acudir ao Centro de Formación do Concello de Tui, en Guillarei, cunha fotocopia das dúas caras do DNI, NIE ou pasaporte, en horario de 8:00 a 15:00 h., de luns a venres.
O prazo de inscrición remata o 25 de xaneiro.

Sem comentários:

Enviar um comentário