quinta-feira, 5 de janeiro de 2012

O CONCELLO EDITA UN CALENDARIO CON FOTOGRAFIAS ANTIGAS DA NOSA CIDADE



O Concello de Tui ven de editar recentemente un calendario para o ano que estamos comezando de 2012 no que figuran reproducidas diversas fotografías antigas da cidade.
En concreto, ao longo dos diversos meses podemos contemplar neste calendario unha escolma de vellas fotografías da nosa cidade: A Praza da Catedral ou a do Concello, a praia do Penedo, A Corredoira, os Soportais, a Mariña, ou imaxes do Monte Aloia e do Balneario de Caldelas de Tui.
No pasado concerto de fin de ano no Teatro Municipal todos os asistentes foron agasallados cun exemplar deste calendario e todas as persoas interesadas en contar con este almanaque poden achegarse ata a Casa do Concello onde son distribuídos de xeito gratuíto ata esgotar as existencias. Unicamente se entregará un exemplar por persoa.
Para o alcalde tudense a edición deste calendario co que se agasalla aos veciños do noso municipio é un testemuño máis do compromiso do goberno municipal tudense coa conservación do noso patrimonio cultura e a promoción da cultura local, amosado nesta oportunidade por medio destas imaxes fotográficas de principios do século pasado.

Sem comentários:

Enviar um comentário