A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende onte, 2 de xaneiro, e ata o vindeiro día 15 unha mostra coa escolma dos traballos realizados polas alumnas da Aula de Pintura que imparte a Asociación de Amas de Casa de Tui.
Nesta mostra colectiva participan un total de quince mulleres que asisten regularmente as clases desta Aula de aprendizaxe e que agora exhiben neste espazo publico unha mostra do seu traballo.
A concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, amosa a súa satisfacción por acoller nesta Sala Municipal de Exposicións esta mostra que testemuña o traballo que desenvolve a Asociación de Amas de Casa pola promoción da cultura e o entusiasmo das alumnas participantes.
Relación de participantes: Concepción Alonso Gómez, Mercedes Alonso Martínez, Gloria Dasilva Díz, Concepción Díz Comesaña, Eufemia Domínguez Correas, Dolores Domínguez Fernández, Carmen González Collazo, Filo Iglesias Grova, Ana Llanes, Rita Martínez Tato, Pilar Pereira Iglesias, Mª Carmen Pérez Besada, Cristina Porto González, Mª Teresa Ruano Martín e Fina Saa Rodríguez.
Sem comentários:
Enviar um comentário