segunda-feira, 16 de janeiro de 2012

O CONCELLO DE TUI EXPRESA AS SÚAS CONDOLENCIAS POLO FALECEMENTO DE D. MANUEL FRAGA IRIBARNE, FILLO ADOPTIVO DA CIDADE


O Concello de Tui, a través do seu Alcalde, Moisés Rodríguez Pérez, expresa o sentimento de pesar deste Concello de Tui pola morte de D. Manuel Fraga Iribarne, unha das máis egrexias personalidade de Galicia no século XX.
Manuel Fraga Iribarne tiña sido nomeado “Fillo Adoptivo de Tui” no ano 1968 séndolle entregado este nomeamento o 29 de agosto daquel ano en recoñecemento, entre outros temas, ao seu papel protagonista na construcción do Parador de Turismo “San Telmo” como peza clave no traballo de promoción dos recursos turísticos e artísticos da nosa cidade.
Importante papel tivo Manuel Fraga, salienta o alcalde tudense, na rehabilitación do edificio “San Paio” (hoxe coñecido como “Área Panorámica”) pois foi grazas ao seu empeño e interese que esta magna obra levouse adiante. Un equipamento convertido logo dunha década en emblema da nosa cidade e da súa actividade cultural.
Ao longo da súa presidencia da Xunta de Galicia foron numerosas as visitas que realizou á nosa cidade e as obras que promoveu en diversos ámbitos e que enriqueceron á nosa cidade.
Resalta tamén Moisés Rodríguez Pérez que Tui foi o tema central escollido por Manuel Fraga Iribarne no seu discurso de ingreso na Academia Portuguesa de Historia foi titulado “Tui e Toroño, fronteira e diálogo galico-portugués na Idade Media” pronunciado no ano 1991.
O Concello tudense súmase ao pesar e tristeza do pobo de Galicia polo pasamento de D. Manuel Fraga Iribarne.

Sem comentários:

Enviar um comentário