A Aula da Uned de Tui continúa nestes primeiros meses de 2012 aofertando unha serie de actividades de extensión universitaria dirixidas a diversos segmentos sociais de Tui e a súa bisbarra que complementa a súa oferta de educación universitaria có curso de acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos.
En concreto, a Uned Senior promove para os vindeiros meses as seguintes actividades dirixidas ás persoas de máis de 50 anos de idade que, independentemente da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos. En concreto, para este segundo cuatrimestre está aberta a matrícula, por importe de 50 Euros, para os seguintes cursos de 30 horas de duración:
- “Inglés II”, impartido pola profesora Blanca Hermida Velasco.
- “Como mejorar su comunicación oral y escrita” a cargo da profesora Beatriz Rodríguez Quintela.
Igualmente continúa aberta a matricula para os cursos de extensión universitaria a impartir nos vindeiros meses:
- “Inglés para fines específicos: inglés turístico”: que se impartirá o 17 e o 28 de febreiro por José María Prieto Orallo. Trátrase dun curso teórico-práctico, e os alumnos poderán practicar e interactuar co profesor-tutor. O segundo día afianzarán os coñecementos adquiridos, resolverán dúbidas e realizarán unha serie de exercicios para colgalos na plataforma AVIP, o que servirá como medio de comunicación entre os alumnos e o profesor-tutor.
- “Coñecer e dominar a memoria: como lembralo todo”. Será o mércores 7 e o venres 9 de marzo a cargo de Ángeles Amor García. O primeiro día abordarase a “Memoria sensorial, a corto e a longo prazo. Memoria implícita e explícita. Problemas de memoria”, e o segundo “Estratexias de memoria: sistemas e regras mnemotécnicas”.
O prezo de cada un destes cursos é de 35€, 25€ para alumnos da UNED.
Por último, desenvolvérase un novo obradoiro ou “taller” de caracter eminentemente práctico titulado “Literatura creativa” coa matricula aberta a calquera persoa interesada e a realizar nos meses de febreiro e marzo.
Pódese ampliar esta información en www.extensionuned.es/pontevedra
Para a concelleira de educación do concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, esta ampla oferta de actividades de carácter formativo que ofrece a Aula da UNED de Tui amáis de enriquecer a oferta educativa da nosa cidade é unha excelente oportunidade para mellorar coñecementos, para promover o desenvolvemento integral e a autonomía persoal, para favorecer a comunicación e as relacións interpersonais. O Concello de tudense congratúlase pola aceptación que esta oferta de cursos atopa entre os veciños de Tui e a súa comarca.
Sem comentários:
Enviar um comentário