A cita será ás 22.30h no Teatro Municipal debido as previsións de choiva
Mañá sábado, 22 de agosto, ás 22.30h proxectarase o filme de animación “La Lego Película” no marco da programación cultural do verán en Tui organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui. Debido as adversas previsión meteorolóxicas a cita será no Teatro Municipal con aforamento limitado. A partir de 22h débense retirar as entradas de xeito gratuíto cun máximo de dúas por persoa. . No caso de realizarse no Teatro Municipal débense retirar as entradas de xeito gratuíta no despacho de billetes a partir das 22h.
“La Lego Película” conta a historia de Emmet, unha figuriña Lego absolutamente normal e fiel ás normas. Emmet é identificada por erro como a persoa máis extraordinaria e clave para salvar ao mundo. Vese entón inmerso nunha busca épica para deter a un malvado tirano xunto a un grupo de descoñecidos.
Esta é a terceira película que se proxecta ao abeiro da programación estival en Tui. O ciclo de cinema pecharase o próximo sábado, 29 de agosto, con “Mortadelo y Filemón contra Jimmy el cachondo”.
Proxección do filme de animación “La Lego Película”
Data: Sábado, 22 de agosto, ás 22.30h
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Débense retirar as entradas dende ás 22h de xeito gratuíto cun máximo de dúas por persas.
Sem comentários:
Enviar um comentário