Mañá xoves, 20 de agosto, ás 12h terá lugar a inauguración dunha nova sala na Oficina de Turismo Municipal de Tui, situada na Praza de San Fernando, destinada exposicións tanto de pintura coma de escultura. Este novo espazo conta cunha superficie aproximada de 100 metros cadrados nos que amosarán a súa obra diferentes artistas e artesáns locais.
A inauguración correrá do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e dos concelleiros de Turismo, Laureano Alonso, e de Comercio, Miguel Angel Capón.
Na devandita presentación tamén se presentará un vídeo promocional do Concello de Tui, realizado por Gus Abreu e protagonizado por Joe Arlauckas, iniciativa que correu a cargo dos responsables do Campus Joe Arlauckas, celebrado recentemente na nosa cidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário