O Concello anima aos maiores de 60 anos a inscribirse, ata o 26 de agosto, para tomar parte nesta actividade
Do 6 ao 11 de setembro celebraranse en Vila Nova de Cerveira as Olimpiadas Interxeneracionais, actividade que forma parte do programa europeo Eramus +, no que participarán equipos formados por concellos de Francia, España e Portugal.
Nestas xornadas, os equipos, conformados por unha treintena de veciños e veciñas da Eurocidade Tui-Valença maiores de 60 anos, participarán de xeito conxunto nas modalidades deportivas de baloncesto, atletismo, remoergómetro, fútbol e xogos tradicionais.
Por isto, o Concello de Tui fai un chamamento a todas as persoas maiores de 60 anos interesadas en participar nesta actividade, a que se inscriban ata o mércores 26 de agosto, chamando ao número de teléfono 696 48 22 45. Entre todos os inscritos seleccionaranse a nove participantes mediante sorteo.
Sem comentários:
Enviar um comentário