quarta-feira, 26 de agosto de 2015

O V Encontro Máster Internacional de Remo terá lugar este sábado día 29 de agosto

O Club Remo MiñoTui, en colaboración co Concello de Tui, organizará este sábado 29 de agosto o “V Encontro Máster Internacional de Remo”, que se celebrará no río Miño, dende o Centro Interfederado de Tui, a partir das 18.00 horas, nas modalidades de oito con temoeiro masculino e catro scull feminino, na categoría veterano.

A proba realizarase en distancia curta de 500 metros, con saída dende a vella ponte internacional e o Centro Municipal de remo, sede social do Club Remo MiñoTui.

A inscrición, que rematará mañá mércores 26, é gratuíta e poderán participar as tripulacións que así o desexen: masculinas, femininas ou mixtas.


Para máis información, poden entrar na web www.clubremotui.blogspot.com

Sem comentários:

Enviar um comentário