Os contedores de vidro do centro de Tui veñen de ser renovados e os eu número ampliado, o situar un novo contedor na Praza de Galicia.
A Concellería de Medio Ambiente informa que na última semana procedeuse a renovación dos contedores de reciclado de vidro situados no centro de Tui,
ademais de aumentar o número dos mesmos ata un total de oito unidades, xa que situouse un destes contedores na Praza de Galicia. O mesmo tempo informa que vaise proceder a limpeza e renovación dos contedores retirados , para mais tarde situalos en distintos puntos do rural do concello
A empresa encargada do mantemento destes colectores , nunca os renovara en Tui, sendo a primeira vez en doce anos que se solicita o cambio dos mesmos.
O mesmo tempo esta empresa realizou unha enquisa entre unha serie locais de hostalaría do casco urbano co fin de ofrecer a posibilidade de entregar uns cubos para trasladar o vidro ata o colector, estes cubos acóplanse a un sistema de baleirado co que están dotados algúns dos novos contedores, facilitando a labor da introdución dos envases de vidro no mesmo. Os locais que o solicitaron entregáronselle estes cubos, sendo un total de 36 os que se puxeron a dispor dos hostaleiros de Tui
Desde a Concellería informan que se esta a proceder o estudo da situación do resto dos contedores de reciclaxe, os de plástico e os de cartón e papel , para coñecer o estado no que se atopan e tentar proceder tamén a súa renovación e a ampliación das unidades situadas nas rúas de Tui. Para este fin se teñen solicitado a Consellería de Medio Ambiente cen novas unidades de colectores de reciclado, tanto de papel coma de envases, que agardan que estean dispoñibles a principios do próximo ano. Asemade estanse a redactar as bases para a licitación do servizo de recollida para reciclaxe, para poder sacalas a concurso no menor tempo posible.
Sem comentários:
Enviar um comentário