A partir do luns 17 e até outubro, todos os interesados poderán coñecer o Casco Antigo
A partir do próximo luns 17 de agosto e ata outubro, visitantes e tudenses poderán coñecer o Casco Histórico da cidade, xa que o Concello de Tui organiza visitas guiadas gratuítas.
As visitas, cunha hora e media de duración, poderanse realizar ou ben ás 12 do mediodía ou ás 8 da tarde. Percorrerase, da man dun guía turístico, os principais enclaves históricos da cidade de Tui. O punto de encontro será a Praza da Inmaculada.
Sem comentários:
Enviar um comentário