Hoxe venres remata a terceira das quendas do Campamento de Verán de Tui 2015, que dende o 1 de xullo leva desenvolvéndose nas instalacións deportivas municipais tudenses, así como nas rúas da nosa cidade, no Monte Aloia e no río Miño en Tui.
Ó redor de catrocentos nenos e nenas de tres a doce anos, participaron ó longo deste mes e medio nas diferentes actividades organizadas polo Concello de Tui, a través de empresa Actividades Lúdicas Galicia. Xogos deportivos, saídas medioambientais, actividades no río Miño e na piscina municipal, xogos de coñecemento e de lecer, ocuparon a maior parte das cinco horas de duración diaria do campamento.
O Concello de Tui leva a cabo estes Campamentos de Verán co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa ós nenos/as do concello. Amais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa ós pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral.
Sem comentários:
Enviar um comentário