Este sábado 10 de outubro, a Eurocidade Tui-Valença organizará, dentro do IV Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables, o “Trilho Além da Ponte”, que sairá ás 10.00 horas españolas, dende a Igrexa Matriz de São Pedro da Torre, percorrendo a freguesía de São Pedro da Torre.
Como nos trilhos anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o punto anterior, será no aparcadoiro do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas.
Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 12 quilómetros, sendo o grao de dificultade fácil, cunha duración do percorrido de ó redor de 5 horas.
Toda a información referente ao Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.
Sem comentários:
Enviar um comentário