terça-feira, 6 de outubro de 2015

O CONCELLO DE TUI REMITIULLE Ó MINISTERIO DE FOMENTO O PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DA AVENIDA DE PORTUGAL

O Concello de Tui ven de remitir ó Ministerio de Fomento o proxecto de humanización da Avda. de Portugal, en concreto do tramo comprendido entre a entrada pola Vella Ponte Internacional ata a intersección do cruce co Parador, a fin de que o Ministerio leve a cabo as actuacións demandadas, ou no seu caso, a sinatura dun Convenio entre ambas institucións.
O tramo viario, competencia do Ministerio de Fomento, que ademais é porta de entrada do Camiño Portugués en España, presenta un estado de deterioro e abandono que para nada se corresponde coa arquitectura e harmonía que debe presentar un espazo tan relevante.
A vista desta situación, o actual goberno municipal, presenta este proxecto de humanización coa intención de adecuar toda a zona da Avda. de Portugal ata o cruce do Parador, reforzando a idea de que este vial é, dende o seu primeiro metro, é o inicio dun entorno urbano de singular importancia.
O obxectivo é amortiguar os impactos negativos e converter ese tramo nunha rúa máis acorde co aspecto do resto da cidade, facéndoa mais segura e accesible para as persoas, unificando así a imaxe e mellorando os servizos.
O Proxecto contempla dúas zonas de intervención como son o entorno do antigo edificio da aduana, onde se prantexa unha intervención integral, ata a intersección do cruce co Parador de Tui na que se executará unha rotonda ovalada que lle imprimirá carácter ao espazo.
Xunto a este proxecto, están xa redactados os de humanización da rúa Augusto González Besada e Avda. Da Concordia, dende a rotonda de CamFram, así como está pendente o asfaltado e mellora da seguridade viaria na rúa Colón. Polo que respecta a apertura da Rúa Ourense, o proxecto de execución xa está rematado e nestes momentos estase actualizando a valoración das propiedades afectadas.
Asemade vaise a iniciar o proxecto de desdobramento da Rúa Canónigo Valiño, zona tamén de afección do Camiño de Santiago, e espazo tamén prioritario a recuperar polo seu alto valor patrimonial e cultural.
in Infominho

Sem comentários:

Enviar um comentário