Levaranse a cabo 12 xuntanzas veciñais, o que supón un avance na transparencia do goberno, ó escoitar directamente as peticións da cidadanía
A concellería de Medio Rural, da man do seu concelleiro, José Martínez Tato, reunirase cos veciños do municipio coa intención de coñecer as súas necesidades.
Estas reunións cos veciños das parroquias e de Tui pretenden ser un punto de encontro para coñecer as súas principais necesidades, atender ás súas propostas ou responder ás súas preguntas, relacionadas co medio ambiente, coa limpeza de viarios e balados ou coa recollida de lixo, por exemplo.
Con todo o falado nas xuntanzas, a concellería de Medio Rural estudará as propostas veciñais, co gallo de poder satisfacelas. Isto supón un avance importante na transparencia do Goberno, xa que escoitará de primeira man as peticións da cidadanía.
As asembleas, que se farán nas Casas Culturais das parroquias, comezan esta fin de semana. Deste xeito, mañá sábado 10 de outubro, ás 20h haberá un encontro en Areas e pola súa banda, este domingo, ás 11h, será en Ribadelouro.
Na semana seguinte, farase unha xuntanza o venres 16 ás 21h en Pexegueiro. O próximo sábado 17, ás 20h en Baldráns e o domingo 18, ás 11h en Pazos de Reis. O vindeiro xoves 22, ás 20.30h, o encontro será en Paramos, o venres 23 ás 21h en Caldelas, o sábado 24, ás 20h en Malvas e o domingo 25 ás 11h en Rebordáns.
Na última semana de outubro, haberá reunións o venres 30 ás 21h en Randufe e o sábado día 31 ás 20h en Guillarei. Rematarán as asembleas o sábado 7 de novembro, ás 20h na Sala Félix en Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário