Este venres, 13 de novembro, ás 21.30h, proxectarase no Teatro Municipal de Tui a película “Os Fenómenos” dirixida por Alfonso Zarauza e interpretada por Lola Dueñas, Luís Tosar, Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, Xosé A, Touriñán e Federico Pérez Rey
O filme conta a historia dunha muller que vive desde hai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería, ve como a súa parella desaparece o día en que ía comezar a traballar. Regresa co seu bebé á súa vila natal, Ferrol. Ao principio ten problemas para atopar traballo, pero remata conseguindo un posto de peón de albanel.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3€.
Proxección da película “Os Fenómenos” de Alfonso Zarauza
Data: Venres, 13 de novembro, ás 21.30h
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Venda de entradas na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3€.
Sem comentários:
Enviar um comentário