Por este motivo haberá restricións de tráfico nestas zonas
O próximo luns comezan a executarse obras en dúas zonas da cidade motivo polo que nas mesmas haberá restricións de tráfico mentres dure a execución dos traballos.
Por unha banda o luns dende primeira hora da mañá non se poderá circular nin estacionar na rúa San Telmo debido ao inicio das obras de canalización do gas neste zona.
Por outra parte tamén o luns o Consorcio de Augas do Louro comezará as obras de saneamento no Paseo Fluvial de Tui para arranxar os actuais problemas de fugas de auga que afunden o terreo nesta zona. Os traballos a executar inclúen movementos de terra . Para facilitar a execución das obras e coma medida de seguridade dende o luns non se poderá estacionar na explanada do Club Náutico.
Sem comentários:
Enviar um comentário