O Concello de Tui está a formar parte do Programa Repoblar (Rede Pontevedra Banda Longa Rural), dependente da Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa ten como obxectivo buscar solucións para que a fenda dixital entre os veciños do municipio que viven no núcleo urbano e os residentes do rural se reduza.
A Deputación adxudicou a Iberbanda-Telefónica a extensión da rede sen fíos do seu proxecto Repoblar. Esta rede contribuirá a que teñan banda longa o 96% da poboación dos concellos da provincia adheridos ó plan.
Entre as ofertas do operador Iberbanda e Autronic destaca o Pack Dúo, que permite disfrutar de conexión a internet á poboación diseminada a prezos moi competitivos. A velocidade máxima é de ata 3 Mbps, e de teléfono, sen necesidade de dispoñer de infraestrutura de cable.
O Pack Dúo 3 MB comercialízase en promoción ó prezo de 35 euros, impostos incluídos para sempre. Inclúe 3 MB sen límite de descarga, chamadas a teléfonos fixos nacionais de balde, 150 minutos a móbiles e router e antivirus gratis.
A distribuidora do servizo, Iberbanda e Autronic, celebrará sesións informativas en concellos e asociacións veciñais, coa intención de dar máis datos deste servizo. Os interesados poden contactar no teléfono 698 123 535.
Sem comentários:
Enviar um comentário