Hoxe finalizamos o curso AFD "Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos" que vimos realizando dende o 3 de agosto para conseguir este certificado de profesionalidade.
Contamos coa presenza do Sr. José Ramón Magán, Concelleiro de Formación do Concello de Tui, que fixo entrega dos certificados das prácticas aos alumnos participantes.
Agradecemos a tódalas persoas que participaron, colaboraron e se implicaron para que esta acción formativa acadara os mellores resultados e ás empresas e institucións acolledoras de alumnos en prácticas por contribuir na formación dos alumnos dándolles a oportunidade a aplicar o aprendido nun posto de traballo real.
Desexamos moita sorte aos nosos alumnos e agardamos que esta acción formativa fora de proveito.
Sem comentários:
Enviar um comentário