quarta-feira, 25 de novembro de 2015

Exposición Relación Home Muller 100% Positiva en Tui

Onte falláronse os premios do concurso ‪‎literario‬- ‎fotográfico‬ convocado pola concellería de Servizos Sociais ‪‎Relación‬ Home Muller 100 % positiva.
Na categoría adultos gañou a fotografía de Bibiana Rodríguez dos Santos cunha foto titulada “Compañeiros”. Na categoría infantil gañou o poema “Reflexión” de Martín Carrera Montero.
As fotos e os poemas exporanse na entrada do Concello de ‎Tui‬

Sem comentários:

Enviar um comentário