Os Premios Deporte Tudense 2015 reunirán a numerosos deportistas no Teatro Municipal
O vindeiro venres 27 de novembro celebrarase a cuarta edición da Gala do Deporte Tudense, ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui.
Como nas edicións anteriores, o evento pretende recoñecer o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte. Amáis, neste ano recoñeceranse tamén ós deportistas na categoría veterana.
Un dos momentos máis emotivos da gala será a homenaxe ó deportista tudense Eduardo Sousa, quen faleceu a principios deste ano, sendo parte do xurado nas edicións anteriores desta gala do deporte, así como un recoñecido deportista do noso concello.
O xurado desta cuarta edición está conformado por Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico, José Manuel Quintana, ex-directivo e ex-responsable das escolas deportivas do Tyde F.C., Beatriz González, profesora de educación física do CEIP Nº2 de Tui, ex-responsable das escolas deportivas do Club Balonmán Tui e deportista do Club Remo Tui, e Laureano Alonso, concelleiro delegado de deportes de Tui.
A celebración deste evento corre a cargo da concellería de Deportes do Concello de Tui, en colaboración coa concellería de Cultura e a Radio Municipal de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário