domingo, 22 de novembro de 2015

O Banco de Alimentos BaixoMiño necesita voluntarios

O Banco de Alimentos BaixoMiño necesita voluntarios para levar a cabo a Grande Recollida Solidaria de finais de mes.
Xa se inscribiron uns 800 solidarios en toda a provincia de Pontevedra, pero aínda se necesitan máis voluntarios para chegar a todos os puntos de recolleita nos máis de 130 supermercados que participarán nesta acción os próximos 27 e 28 de novembro.
Este chamamento de 700 voluntarios máis se traduce nuns 400 para Vigo, 180 para Pontevedra e comarca, uns 60 para Val Miñor e uns 60 máis para Baixo Miño. Trátase de chegar á cifra de 1.500 solidarios e que mobilizará a ONG o último fin de semana de novembro.
Para ser voluntario da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo hai que darse de alta a través de formulario colgado en www.bancoalimentosvigo.org ou chamar ao 986 263 022.
Unha das últimas novidades nesta edición, a colaboración solidaria en cuestións logísticas por parte de persoal da BRILAT e a Unidade de Servizos de Base de Pontevedra e da Escola Militar Naval de Marín.
in Tui Opina

Sem comentários:

Enviar um comentário