O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 14 de novembro, ás 19h o espectáculo de danza contemporánea “Xoga” da man da compañía Entremáns da Coruña.
Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez son as creadoras, directoras e intérpretes deste espectáculo, con contido didáctico, sobre o funcionamento do noso corpo. Vai dirixido a público familiar e, especialmente, a rapaces/as de máis de 3 anos. “Xoga” é un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza, no que a diversión está garantida. Foi estreado o pasado 1 de marzo no Teatro Colón da Coruña.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 13h, ou o sábado dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Entremáns presenta o espectáculo de danza contemporánea “Xoga”
Data: Sábado, 14 de novembro, ás 19h
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Venda de entradas na web www.culturatui.info ata o sábado ás 13h ou o sábado dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário