Este sábado, 14 de novembro, a Eurocidade Tui-Valença organizará, dentro do IV Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables, o “Trilho Corredoura do Manco”, que sairá ás 10.00 horas españolas, dende o campo de fútbol de Friestas, percorrendo as freguesías de Friestas e San Fins.
Como nos trilhos anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o punto de saída, será no aparcamento do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas.
Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 10,5 quilómetros, sendo o grado de dificultade fácil, cunha duración do percorrido de ao redor de 4 horas.
Toda a información sobre o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.
Trilho Corredoura do Manco
Data: Sábado, 14 de novembro
Saída: ás 10 hora española dende o campo de fútbol de Friestas ou as 9.45h dende o aparcamento do Lidl en Valença
Percorrido: 10,5 qm
Sem comentários:
Enviar um comentário