Trátase de dúas zonas diferenciadas que conforman en realidade unha soa Área dividida en dous pola estrada que
une Areas e Hospital.
Á dereita indo cara a Hospital pódese visitar a que está ao carón do Viveiro Forestal de Areas, é a parte máis antiga da Área,
situada na parte superior do viveiro e limítrofe co seu lado suroeste estaba incluído este terreo ata os anos noventa
no perímetro pechado do viveiro, como parte integrante do seu arboreto, foi cedido posteriormente pola Xunta como
zona de recreo, o que é na actualidade.
Configúrase esta Área arredor dun estanque central, bordeado por unha coroa de Chamaecyparis, estes dan paso
a máis formacións circulares adaptadas ao terreo e ao espazo da Área, forman socalcos descendentes de moi variado
e extraordinario arborado. Leva o nome de Molineta porque sobre o estanque referido estivo instalado moitos anos
un muíño de vento; servía para sacar a auga do pozo escavado xusto debaixo da plataforma que é o centro
do estanque, naturalmente para utilizala no regadío.
A outra zona da Área está do outro lado da estrada e aproveita unha pequena valgada plantada de castiñeiros híbridos
(Castanea x crenata) desde mediados os anos oitenta. Recibe un dos seus nomes (Fontenlas) dunha pequena fonte
que ten alí seu manancial.
Concello: Tui
Parroquia: Areas
Lugar: Bouza valada
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 526946 Y 4653136
Instalaciónns: - Acceso a persoas con discapacidade
- Fonte de Auga potable
- Bancos e mesas
-Asadores
Acceso: Coche: Si Autobús : Si
in ANABAM
Sem comentários:
Enviar um comentário