O alcalde sinala que é a primeira vez que se está a levar a cabo unha política integral de turismo
O Concello de Tui estará mañá presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, que se celebrará en Madrid do 23 ao 27 deste mes, representado polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín.
O rexedor tudense acudirá ás 12h ao stand de Galicia en Fitur á presentación de “Un paseo de historia y vida, rutas por los centros históricos de Galicia”, entre os que se atopa o de Tui. Posteriormente visita o posto da Red de Juderías de España, co obxectivo de ir traballando ante a posibilidade que hai de que Tui se poida incorporar a este grupo. Carlos Vázquez Padín aproveitará a súa visita a esta cita internacional de Turismo para visitar outros stand e poder así tomar nota de distintas iniciativas que se poidan extrapolar ao turismo local para promocionar a cidade e os seus atractivos.
Explica o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, que é a primeira vez que se está a facer unha política integral de turismo enfocada a promover o potencial turístico do municipio. Nese senso apuntaba á redacción dun Plan Director de Turismo que está en marcha, a candidatura para entrar a formar para da Red de Juderías de España, e o obxectivo de que o municipio se poida incorporar á Ruta da Camelia, entre outros.
Sem comentários:
Enviar um comentário