Tui acollerá o venres, 7 de xuño de 2019, o certame musical “No bico un cantar”. Trátase dunha iniciativa do Consello da Cultura Galega e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia que ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia.
Precisamente para comezar a traballar neste certame hoxe reuniuse na casa do concello o alcalde, Carlos Vázquez Padín, coa presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e co director asociado da Real Filarmonía de Galicia, Maximino Zumalave.
“No bico un cantar” vense celebrando cada primeiro venres de xuño dende o ano 2013 en diferentes concellos de Galicia.
Sem comentários:
Enviar um comentário