Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o centro tudense
Durante esta semana do 21-25 de Xaneiro de 2019, varios Mestres do C.E.I.P Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no "Evento Conxunto de Formación do Profesorado", no Colexio Christian Brothers Primary School de Armagh en Irlanda do Norte. Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro " Promovendo estilos de vida felices e saudables".
Os docentes participantes neste evento pertencen as escolas asociadas no proxecto:
• Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto.
• Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia).
• CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
• Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)
• Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).
Na xornada do martes 22 de xaneiro de 2019, o profesorado tivo unha xornada de formación en deportes típicos de Irlanda. Tomaron contacto co Fútbol Irlandés ou Fútbol Gaélico, para ensinar aos nen@s do noso centro. Tamén esperan aprender sobre outros deportes irlandeses como é o Hurling.
Na xornada de onte mércores 23 de xaneiro, visitaron a escola de Armagh, para coñecer o seu sistema educativo, ás aulas, o alumnado, etc.
Xa na xornada de hoxe, xoves 24 de xaneiro e para rematar a estadía en Armagh, a formación xirará entorno ao desenvolvemento do proxecto, formación en Eramus+, plataformas eTwinning etc.
Unha experiencia que tal como nos transmitían os compañeiros desprazados a Armagh, é moi enriquecedora e totalmente recomendable.
in Infominho
Sem comentários:
Enviar um comentário