Nesta nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía as actividades programadas volveron suscitar o interese dos tudenses e de numerosos visitantes.
O programa comezou o venres, 3 de setembro, coa inauguración da exposición “Prateiros xudeus en Tui” que integrada por unha ducia de pezas da propia Catedral e do Museo Diocesano amosa a presenza deste ourives, tanto xudeus como posteriormente conversos, traballando para o Cabido tudense na elaboración de obxectos de culto que testemuña a convivencia existente entre a comunidade xudía e a poboación cristián. Esta exposición está comisariada polos historiadores José Ramón Fernández e Suso Vila.
Sem comentários:
Enviar um comentário